Saltar ao contido

Jovanka Broz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJovanka Broz

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sr) Јованка Броз Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(sr) Јованка Будисављевић Editar o valor en Wikidata
7 de decembro de 1924 Editar o valor en Wikidata
Pećane (Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de outubro de 2013 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Belgrado, Serbia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCasa das Flores 44°47′12″N 20°27′06″L / 44.7867, 20.4517 Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, militar Editar o valor en Wikidata
Partido políticoLiga de Comunistas de Iugoslavia Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarpodpolkovnik (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoSegunda Guerra Mundial na Iugoslávia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJosip Broz Tito (1952–1980) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Jovanka Broz, Tito’s Widow, Is Dead at 88 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1246655 WikiTree: Budisavljević-3 Editar o valor en Wikidata

Jovanka Broz, nada en Udbina o 7 de decembro de 1924 e finada en Belgrado o 20 de outubro de 2013, foi unha partisana e primeira dama de Iugoslavia entre 1953 e 1980 como dona de Josip Broz Tito.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Jovanka como partisana

Naceu na aldea de Pećane no concello de Udbina, unha zona de maioría serbia en Croacia. Seus pais, serbios, eran Mićo Budisavljević e Milica Svilar. Con 17 anos incorporouse á Liga da Mocidade Comunista de Iugoslavia e á loita partisana[1] contra dos alemáns e os seus gobernos aliados na zona. En 1943 ferírona nunha perna, e nese ano asasinaron a seu irmán, Maksim, e morreu seu pai. En 1944 estivo como enfermeira no hospital de Drvar[2] durante o asalto alemán á localidade e logo no hospital do Primeiro Exército. En 1945 destinárona á oficina do Mariscal, como parte do persoal que controlaba o estado da comida e da hixiene, a partir de 1946 converteuse na secretaria persoal de Tito. O 15 de abril de 1952 casou en segredo con Tito, aínda que non se fixo pública a súa condición de primeira dama ata o 10 de setembro[3] durante unha visita oficial do ministro de asuntos exteriores británico Anthony Eden. Logo da morte de Tito, retirouse da vida pública.

  1. "Tito's widow, Jovanka Broz, dies in Belgrade, aged 88". BBC, 20 de outubro de 2013
  2. Jože Pirjevec (2018) Tito and His Comrades Madison:University of Wisconsin Pres, p. 423 (publicado orixinalmente como Tito in tovariši en 2011)
  3. Jože Pirjevec (2018) Tito and His Comrades Madison:University of Wisconsin Pres, p. 425